27 nov 2019

Plantas 2019


 Compártovos un álbum con pequenas acuarelas que estou preparando para este Decembro, para vender no taller ou, se vos interesa algunha, me achego onde me digades. Son acuarelas orixinais a partir de fotografías que tomo cando paseo ou viaxo, de 16x12cm aproximadamente cada unha. Empezo cas plantas; co verdesperanza :)
Podes escribirme a polotallerdepolo@gmail.com















23 nov 2019

acuarelas 2019


Estiven a traballar nunha serie de acuarelas para que poidas agasallar ós teus seres queridos con un regalo único e feito por unha creadora galega. Son pequenas creacións con un prezo a medida, accesible, tamén podo facer o encargo ese que precises, escrébeme a polotallerdepolo@gmail.com

Tes para escoller ou unha serie de plantas, moi decorativas e cálidas ou unha serie de pequenos recunchos de vilas galegas, sobre todo de A Coruña que é por onde mais paseo. 





 

Aquí podes ver o tamaño das acuarelas en comparación coa man.






21 jun 2015

fiestras

sempre me gustaron as fiestras e as portas das nosas casas, sobre todo das antiguas edificacións... parecen ter vida propia e mirarnos ou abrirse a misterios que posiblemente non coñeceremos... ou si?

esta tempada estou fotagrafando e acuareleando fiestras ... a ver se vos gustan:




















están mesturadas;  dúas de A Coruña , dúas de Bilbao, dúas de Melide e de Viveiro e de Lugo... as recoñecedes?  se diferencian as vascas? ou o cableado en fachadas é internacional? ;))

28 mar 2015

arzúa, a coruña...

sigo acuareleando, con un ritmo desigual, xa que as clases do tallerdepolo http://tallerdepolo.blogspot.com.es/
levan o seu tempo e a sua enerxía... ademáis está tamén a colaboración con reciclArte facendo ilustracións http://reciclartetallerdepolo.blogspot.com.es/search/label/Libretas
e logo sempre hai imprevistos xa que a vida é liadiña ela... :)


estas son imaxes de Arzúa;  unha galeria de Lugo , un edificio de Melide e o resto é a coruña... a ver se recoñecedes algunha ;)




15 dic 2014

melide

melide ten unha pequena zona vella moi fermosa, e logo ten de eses curiosos rincóns que me chaman a atención... ainda teño varias imaxes pendentes de acuarelear, un par de edificios, algunha rua, fiestra e casa de cores.... xa chegarán.


reproducir a pedra tan cativa e con tanta diversidade de cor resulta complicado ca acuarela, neste caso fixen varias aguadas de cores claros e algún máis intenso, e logo fun perfilando sobre seco os ocos entre pedras... 


en este caso deixei os claros entre pedras;








esta é a miña favorita, pola combinación de cores e o balcón...  semella unha casiña de xoguete




13 dic 2014

sigo aquiiiiiiii

si estou por aqui! ainda que non o pareza sigo activa e acuareleando con intensidade!
vouvos ensinar un pouco da galicia que pinto estes dias...



viveiro, coruña,lugo e melide, protagonistas esta tempada


soportais coruñeses


 detalle en malpica


 praza en lugo


 praza en melide




 tellados en lugo



 interior en viveiro...


 e a mesma galeria dende fóra



mirador en malpica



 calexa en viveiro



 paseo sempre concurrido na coruña





 viveiro,coruña, lugo e melide de novo