21 jul 2013

encargo especial de plantas

Con motivo dunha festa moi persoal me encargan unha serie de pequenas acuarelas para agasallar a unhas amigas... teño liberdade total excepto no tema: prantas! o mundo vexetal que tanto me gusta... a ver que vos parece o resultado!

por suposto, aproveito material fotográfico das viaxes!







































...de viaxe



 ...seguimos de viaxe por México... rúas, estatuas... as veces é complicado elixir o detalle que te leve a pintar unha acuarela e algúns dos motivos elixidos quedan no camiño, sen rematar... xa sexa pola dificultade do tema ou porque non remata de quedar atractiva(ó gusto dun)... tamén hai manias persoais que nos marcan, por exemplo, cóstame incorporar persoas nas paisaxes sin embargo; me encantan as estatuas!


























xardíns


seguimos en México desta volta namorada das prantas, cactus... dos xardíns ...


 











detalle do xardin do museu dolores olmedo







na terraza do edificio onde moro en df hai numerosas macetiñas...



especialmente complicadas se me fixeron as púas desta plantiña











igrexas de cores...

serie de acuarelas que xurden das impresións dunha viaxe polo centro e sur de México... e que seguirán medrando próximamente ... as igrexas pintadas de cores vivos se me fan especialmente fermosas...









 







na basílica de guadalupe