A acuarela pode ser divertida e práctica para empregar en viaxes, paseos polo campo, facer apuntes ou bocetos con rapidez; deixándose levar pola cor e as aguadas. En casa tamén é práctica xa que non require moito espazo e non cheira; ó contrario do óleo e o acrílico que son máis engorrosos e tóxicos.
Canto maior sexa a nosa formación artística máis fácil o teremos
para enfrontarnos a ela e para sacarlle partido(ás veces, eses
coñecementos tamén nos poden limitar e facernos perder frescura). Para @s que non contan con esa formación, é importante non agobiarse,
deixarse levar e disfrutar cas cores pensando simplemente que nos
estamos introducindo nun mundo complexo que o único que require é
inversión de tempo e traballo.
Chamámoslle
acuarela a pigmentos naturais moídos moi finiños e aglutinados,
principalmente, con goma arábiga (acacias). Normalmente,
trabállase sobre papel branco que será o responsable das partes
máis claras: xa que transluce a través das capas de pintura... eso é o que a fai tan delicada e especial.