13 oct 2013

os barrios, paseando pola coruña II

e as cidades son moito máis que o centro histórico e aqueles espazos promocionados dende os concellos, gobernos, etc. a información máis rica e sorprendente sobre como se conforma a vida nunha cidade a atopamos nos barrios, nas periferias e rincóns que non aparecen nas guías de turismo.
Cando emprego a palabra turismo sempre lembro unha pintada que vin hai anos nunha parede portuguesa: "turistas terroristas" e que da moito para reflexionar.
Hai unha imaxe do barrio do taller e dos máis achegados... e falta moito por patear aínda :))
 









paseando pola coruña

o espazo polo que máis paseas; a maioría das ocasións non é tanto pasear senon dirixirte a un lugar concreto... ó principio costoume tratar de ver a cidade da coruña como por primeira vez; como se eu fose unha viaxeira perdida no lugar... tratade de ver o cotidiano como algo novo e logo contádeme se vos costou taaanto coma min!!

estas son algunhas das imaxes que eu vin coñecendo a cidade como por primeira vez;


















21 jul 2013

encargo especial de plantas

Con motivo dunha festa moi persoal me encargan unha serie de pequenas acuarelas para agasallar a unhas amigas... teño liberdade total excepto no tema: prantas! o mundo vexetal que tanto me gusta... a ver que vos parece o resultado!

por suposto, aproveito material fotográfico das viaxes!







































...de viaxe



 ...seguimos de viaxe por México... rúas, estatuas... as veces é complicado elixir o detalle que te leve a pintar unha acuarela e algúns dos motivos elixidos quedan no camiño, sen rematar... xa sexa pola dificultade do tema ou porque non remata de quedar atractiva(ó gusto dun)... tamén hai manias persoais que nos marcan, por exemplo, cóstame incorporar persoas nas paisaxes sin embargo; me encantan as estatuas!


























xardíns


seguimos en México desta volta namorada das prantas, cactus... dos xardíns ...


 











detalle do xardin do museu dolores olmedo







na terraza do edificio onde moro en df hai numerosas macetiñas...



especialmente complicadas se me fixeron as púas desta plantiña